SOLUCIÓNS E PRODUCIÓN AUDIOVISUAL A MEDIDA

SERVICIOS AUDIOVISUAIS PARA EMPRESAS E INSTITUCIÓNS

TECNOLOXÍAS DE VANGARDA

PRODUCIÓN DE EVENTOS QUE ALZAN A VOZ PARA BRILLAR CON LUZ PROPIA

AUVITEC, SOLUCIÓNS E PRODUCCIÓN
AUDIOVISUAL A MEDIDA

En Auvitec ofrecémosche instalacións audiovisuais fixas ou efémeras, deseñadas cos mellores sistemas de son, vídeo e iluminación e adaptadas á medida das túas necesidades.

Nun mundo onde a presentación e a comunicación xogan un papel determinante, confiar en expertos en solucións audiovisuais pode marcar a diferenza na experiencia do usuario e levar o teu espazo ou evento ao seguinte nivel.

NÓS

En Auvitec contamos con ampla experiencia en proxectos de deseño, instalación e control de sistemas audiovisuais en Galicia. Estamos especializados en planificar, configurar e executar instalacións audiovisuais para todo tipo de espazos e necesidades: dende salas de conferencias, auditorios ou salas multimedia, ata eventos corporativos e institucionais, concertos e espectáculos.

Contar cun servizo profesional e equipos audiovisuais de calidade, marcará a diferenza á hora de lograr experiencias inmersivas e memorables.

INSTALACIÓN AUDIOVISUAL

Necesitas implementar unha instalación audiovisual fixa na túa empresa ou institución? En Auvitec deseñamos e instalamos equipos de son, imaxe e iluminación para todo tipo de espazos: salas multimedia, salas de conferencias, salóns de actos, auditorios… Estudamos as necesidades específicas do teu proxecto e creamos unha instalación personalizada e á medida de cada espazo, servíndonos das mellores tecnoloxías multimedia.

PRODUCIÓN AUDIOVISUAL
DE EVENTOS

O noso servizo de produción audiovisual de eventos ofrece unha solución integral e personalizada para congresos, conferencias e actos institucionais ou corporativos, así como concertos e espectáculos. Dende a planificación ata a execución, coidamos cada detalle, combinando tecnoloxía de vangarda, creatividade e coñecemento para lograr experiencias audiovisuais inesquecibles.

Descobre todo o que unha instalación audiovisual a medida pode facer polo teu espazo ou evento. Contacta agora con nós e sácalle o máximo partido ao teu proxecto cos mellores equipos de son, imaxe e iluminación.